Tuesday 17 de September de 2024

O Partido Popular de Sada insta unha vez máis ao alcalde de Sada a tomar medidas ante os recorrentes actos vandálicos no Concello


Tanta culpa quen o fai como quen o permite.

O Partido Popular de Sada insta o alcalde unha vez máis a tomar medidas urxentes #ante os actos vandálicos que sofre o Concello continuamente.

A fachada de la Iglesia Nova, sufriu nas últimas horas novas pintadas, como as que se repiten en negocios, locais, escaparates, edificios, garaxes e igrexas…

“É unha cuestión de valores; non se respecta nin o privado, nin o público, nin o comunitario e desde o goberno do Señor Portela póñense de perfil #ante estes actos e outras situacións moi preocupantes que todos coñecemos relacionadas coa Seguridade Cidadá e a calidade de vida no noso Concello”,- Comenta a portavoz do Partido Popular de Sada.

“Seguimos esperando que o alcalde convoque a Comisión Especial Informativa sobre Seguridade Cidadá, comisión que solicitamos hai meses e na que ademais pedimos que se trasladase invitación ao tecido asociativo para participar nesta e escoitar nela as súas achegas, problemas ou inquietudes”.-Concluíu Arias.